A apresentar mensagens correspondentes à consulta anque me des ordenadas por data. Ordenar por relevância Mostrar todas as mensagens
A apresentar mensagens correspondentes à consulta anque me des ordenadas por data. Ordenar por relevância Mostrar todas as mensagens

08/06/11

Anque me des viño do Ribeiro de Avia

Anque me des viño do Ribeiro de Avia
todos os almibres e toda as viandas
das que os reises comen e no mundo haxa,
ña madre querida, non sei qué me falta.
Anque me traiades como un santo en palmas
e que me poñades de todas as galas
e que me levedes á corte de España,
ña madre querida, non sei qué me falta.
E anque me des ouro, e anque me des prata,
diamantes e alxofres, pelras e esmeraldas
e canto hai no mundo, non me dades nada,
porque, ña madriña, non sei qué me falta.
Da esperanza hermosa cortáronme as alas,
e n'hai alegría si n'hai esperanza.

20/09/10

Aló no currunchiño máis hermoso

A Roberto Robert, redactor da Discusión, a quen lle gustan os contos i o gallego


I

Aló no currunchiño máis hermoso
que a luz do sol na terra alumeara,
veiga frorida e prado deleitoso
que aos campiños do Edén se acomparara;
aló onde o Sar soberbo e caudaloso
parece que se dorme ou que se para
(tan maino corre antre a robreda escura),
alí naceu Vidal o sin ventura (*)

II
¡Qué reposo! ¡Qué luz...! ¡Qué garruleiro
brando cantar dos váreos paxariños
cando ó salir do sol polo quinteiro
douraba fontes, lagos e campiños!
¡Qué libre respirar...! ¡Qué placenteiro
ir e vir dos cabirtos xuntadiños!
¡Qué frescas, qué polidas, qué galanas
iban co gando as feitas aldeanas!

III
Nunca o rumor do mundo corrompido,
nunca da louca sociedá as vaidades,
nin brillo dos honores fementido
foran trubar tan doses soledades.
Ceo azul, sol de amor, campo frorido,
santga paz sin remorso nin saudades,
horas que van mainiñas camiñando:
tal alí tempo e vida iban pasando.