29/12/10

¿Qué ten?

Sempre un ¡ai! prañideiro, unha duda,
un deseio, unha angustia, un delor...
É unhas veces a estrela que brila,
é outras tantas un raio do sol;
é que as follas dos árbores caen,
é que abrochan nos campos as frols,
i é o vento que zoa;
i é o frío, é a calor...
E n'é o vento, n'é o sol, nin é o frío;
non é..., que é tan só
a alma enferma, poeta e sensibre,
que todo a lastima,
que todo lle doi.

Sem comentários:

Enviar um comentário