Apresa, Álvaro de Anido,
vive moito en pouco tempo,
espolea o teu cabalo
e espoléandoo, revéntao.
¿Qué importa un nobre cabalo?
¿Qué importan dous nin trescentos?
O que importa, Álvaro Anido,
é chegar cedo.
Vai dun polo a outro polo,
rexistra os antros terreos,
monta na locomotora,
sube nos grobos aéreos,
e coa centela recorre
do vacío o espazo inmenso:
es home, e cansarás, Álvaro,
correndo e correndo.
Sem comentários:
Enviar um comentário