01/01/11

Ti a feiticeira e branca como as neves

-Ti a feiticeira e branca como as neves,
i a linda antre as millores;
ti, arredor de quen, cal as abellas
a redor dunha rosa andan os homes
(xente que o mesmo acaso que as mulleres,
é dada a toda crase de traizoes);
non queiras en jamás, si es queridora;
non dones en jamás, más que che donen;
si é que te firen, miñan prenda, rite;
si é que te engañan, meu amor, non chores.
Ve que pasóu o tempo das Corinas,
i o máis que ora se sofre,
só porque non se diga,
é rabiar canto un pode.
-¡Rabiar nomáis..., dixera que mentides!
-Sí, sí, rabear ben forte;
mas ca rabia picante e aguilloeira
que é salsa apetitosa das pasioes.
¿Qué fora, ¡ouh Dios!, sin os asentes feros
dos estómagos probes?
Dos corazós do día,
¿qué fora sin as rabias, meu amore?

Sem comentários:

Enviar um comentário