12/07/10

Alá pola alta noite

Alá pola alta noite,
á luz da triste e moribunda lámpara
ou antre a negra oscuridad medosa,
o vello ve pantasmas.

Uns son árbores muchos e sin follas;
outros, fontes sin augas;
montes que a neve eternamente crube,
ermos que nunca acaban.

I ó amañecer do día,
cando ca última estrela aquéles marchan,
outros veñen máis tristes e sañudos,
pois a verdade amarga,
escrita trán nos apagados ollos
e nas asienes calvas.

Non digás nunca, os mozos, que perdeches
a risoña esperanza:
do que a vivir comesa sempre é amiga;
¡só enemiga mortal de quen acaba...!

Sem comentários:

Enviar um comentário