19/08/10

Ti onte, mañán eu

Caín tan baixo, tan baixo,
que a luz onde a min non vai;
perdín de vista as estrelas
e vivo na escuridá.

Mais, agarda... ¡O que te riches,
insensibre ó meu afán!
Inda estóu vivo..., inda podo
subir para me vingar.

Tirá pedras ó caído,
tiráille anque sea un cento;
tirá..., que cando caiades,
hanvos de facé-lo mesmo.

Sem comentários:

Enviar um comentário