15/11/10

¡Adiante!

No escuro pavoroso
i antre o xordo romor dos pinos bravos
que a tempestá azoutaba como a escravos,
oiéuse, como queixa de raposo,
un asubío medoso.

E un laio de temor que daba frío,
ó medoso asubío
respondéu dende o fondo da espesura,
aumentando no espíritu a tristura
que daba o ronco marmurar do río.

Antre as negras ribeiras manso e lento,
como corre o abatido pensamento
antre os tristes remorsos i a esperanza,
iña a compás do vento
correndo tras da estensa lontananza.

Mais cabe da ancha orela,
misterioso e agachado un centinela
nunha lancha do Miño apousentaba;
i a arma na man i en vela,
a través da remaxen axexaba.

Sem comentários:

Enviar um comentário