10/12/10

Espantada, o abismo vexo

-Espantada, o abismo vexo
a onde camiñando vou...
¡Corazón..., cánto es tirano,
i es profundo, meu amor!
Pois eu, sin poder conterme,
n'escoito máis que unha voz,
e adonde ela quer que vaia,
sin poder conterme, vou...

Hoxe, á noite, desque durman,
sairéi polo ventanil;
daránme as sombras alento...
e ¡adiós, casa onde nacín!
Honra que tanto estiméi,
santidade do meu lar...
¡Polo meu amor vos deixo
para toda a eternidá!
¡Señor...!, darésme castigo;
que o merezo ben o sei;
mais... ¡condenáme, Señor,
a sufrilo cabo del!

Sem comentários:

Enviar um comentário