-Para a vida, para a morte
e para sempre en jamás,
pedinte a Dios, e Dios dóuteme
por toda unha eternidá.
-Para a vida, para a morte
e para sempre en jamás,
quero ser vosa, e que séades
o meu señor natural.
-Mais a que así querer sabe,
non debe ter pai n'irmán;
nin home, si é que é casada;
nin fillos, si acaso é nai.
-Espantada o que estás decindo...
Mais eu sinto que é verdá;
lévame, señor, que irei
onde me queiras levar...
-Pois vente... ¿Qué importa o mundo
a quen ten a eternidá?
Xuntos hemos de vivir,
xuntos nos han de enterrar,
e os nosos corpos aquí,
e as nosas almas alá,
quer Dios que en unión eterna
estén pra sempre jamás...
Cal ó paxaro a serpente,
cal á pomba o gavilán,
arrincóuna do seu niño
e xa nunca a el volverá.
Sem comentários:
Enviar um comentário