16/07/11

¿Por qué?

-Escoitá: os algoasiles
andan correndo a aldea;
mais ¿cómo pagar, cómo, si un non pode inda pagar a renda?

Embargaránnos todo, que non teñen
esas xentes concencia, nin tén alma.
¡Quedaremos por portas,
meus fillos das entrañas!

¡Mala morte vos mate
antes de que aquí entredes!
Dos probes, ao sentirvos,
os corazós, ¡cál baten tristemente!

-María, se non fora
porque hai un Dios que premia e que castiga,
eu matara eses homes
como mata un raposo a unha galiña.

-¡Silencio! ¡Non brafemes,
que éste é un valle de lágrimas...!
Mais ¿por qué a algúns lles toca sufrir tanto,
i outros a vida antre contentos pasan?

1 comentário:

  1. Canto sufrir nesta terra que amamanta os fracos ventres de cativos famentos, canta miseria nun fogar rodeado da fartura da terra, e mentres gobernantes e xustiza nos despoxan da derradeira cunca de bagoas e lamentos, ou morrer de fame, ou emigrar cara o descoñecido, deixando atras canto vivemos, perdendo a esenza do noso ser, lonxe do lume da lareira, da choiva que nos lava as penas da ialma, e lonxe de brañas e coutos...

    ResponderEliminar