Adiós, ríos; adiós, fontes;
adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos:
non sei cándo nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criéi,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantéi,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras
da igrexiña do lugar,
amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
caminiños antre o millo,
¡adiós, para sempre adiós!
¡Adiós, groria! ¡Adiós, contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conoso
por un mundo que non vin!
A apresentar mensagens correspondentes à consulta adiós ríos ordenadas por relevância. Ordenar por data Mostrar todas as mensagens
A apresentar mensagens correspondentes à consulta adiós ríos ordenadas por relevância. Ordenar por data Mostrar todas as mensagens
18/08/10
27/12/10
Era no mes de maio
I
Era no mes de maio,
no mes do amor, das prantas e das frores,
mes dos soaves prefumes
i os trasparentes cores.
Dos trinos matináis dos paxariños,
das cándidas e frescas alboradas,
das pasaxeiras nubes,
e das tardes sorrintes e douradas.
Cando o mar está azul, o ceo sereno
como o dormir dun neno,
manso-los ríos, alta-las estrelas,
máis desvaída a lúa,
si tamén máis fermosa,
co aquela gracia sin igual que é súa,
i era, en fin, cando todo nesta vida
sorrí ós mortáis ca alegre, esplendorosa
sorrisa virxinal da primadera
que a amar i a ser dichoso-los convida.
A todos..., ¡ai!, quixera
mais algún hai que envolto na negrura
da súa propia tristura,
tan sóio ve, da primadera hermosa,
no sol morno e na rosa
co fresco orballo da mañán cuberta,
un triste e mal agoiro que desperta
pensamentos de loito e desventura.
Era no mes de maio,
no mes do amor, das prantas e das frores,
mes dos soaves prefumes
i os trasparentes cores.
Dos trinos matináis dos paxariños,
das cándidas e frescas alboradas,
das pasaxeiras nubes,
e das tardes sorrintes e douradas.
Cando o mar está azul, o ceo sereno
como o dormir dun neno,
manso-los ríos, alta-las estrelas,
máis desvaída a lúa,
si tamén máis fermosa,
co aquela gracia sin igual que é súa,
i era, en fin, cando todo nesta vida
sorrí ós mortáis ca alegre, esplendorosa
sorrisa virxinal da primadera
que a amar i a ser dichoso-los convida.
A todos..., ¡ai!, quixera
mais algún hai que envolto na negrura
da súa propia tristura,
tan sóio ve, da primadera hermosa,
no sol morno e na rosa
co fresco orballo da mañán cuberta,
un triste e mal agoiro que desperta
pensamentos de loito e desventura.
23/12/10
Tristes recordos
Unha tarde alá en Castilla
brilaba o sol cal decote
naqueles desertos brila.
Craro, ardoroso e insolente,
con perdón del, pois n'é modo
aquel de queimá-la xente.
e secar con tales bríos
a probe inxeliña pranta,
a fonte, os sedentos ríos.
Unha tarde, ¡ouh, qué tristeza
me acometéu tan traidora,
véndome en tal aspereza!
¡Adónde vin a parar!,
pensaba mirando o ceo
para a terra non mirar.
Porque o ceo era, eso sí,
un máis ou menos azul
como o que temos aquí.
Mentras que a terra, ¡bon Dios...!
Señor, ¿posibre será
que aquéla o fixeses Vós?
brilaba o sol cal decote
naqueles desertos brila.
Craro, ardoroso e insolente,
con perdón del, pois n'é modo
aquel de queimá-la xente.
e secar con tales bríos
a probe inxeliña pranta,
a fonte, os sedentos ríos.
Unha tarde, ¡ouh, qué tristeza
me acometéu tan traidora,
véndome en tal aspereza!
¡Adónde vin a parar!,
pensaba mirando o ceo
para a terra non mirar.
Porque o ceo era, eso sí,
un máis ou menos azul
como o que temos aquí.
Mentras que a terra, ¡bon Dios...!
Señor, ¿posibre será
que aquéla o fixeses Vós?
14/12/10
¡Cuán lonxe, cánto, das escuras niebras
NA TOMBA DO XENERAL INGLÉS
SIR JOHN MOORE
MORTO NA BATALLA DE ELVIÑA (A CORUÑA)
O 16 DE XANEIRO DE 1809
Á miña amiga María Betorini,
nativa do país de Gales
A Coruña, 1871
¡Cuán lonxe, cánto, das escuras niebras,
dos verdes pinos, das ferventes olas
que o nacer viron, dos paternos lares,
do ceo da patria que o aolumóu mimoso,
dos sitios, ai, do seu querer; qué lexos
viu a caer baixo enemigo golpe
pra nunca máis se levantar, coitado!
¡Morrer asín en estranxeiras plaias,
morrer tan mozo, abadoná-la vida
non farto aínda de vivir e ansiando
gustar da froita que coidado houbera!
¡I en vez das ponlas do loureiro altivo
que do héroe a testa varonil coroan,
baixar á tomba silenciosa e muda...!
SIR JOHN MOORE
MORTO NA BATALLA DE ELVIÑA (A CORUÑA)
O 16 DE XANEIRO DE 1809
Á miña amiga María Betorini,
nativa do país de Gales
A Coruña, 1871
¡Cuán lonxe, cánto, das escuras niebras,
dos verdes pinos, das ferventes olas
que o nacer viron, dos paternos lares,
do ceo da patria que o aolumóu mimoso,
dos sitios, ai, do seu querer; qué lexos
viu a caer baixo enemigo golpe
pra nunca máis se levantar, coitado!
¡Morrer asín en estranxeiras plaias,
morrer tan mozo, abadoná-la vida
non farto aínda de vivir e ansiando
gustar da froita que coidado houbera!
¡I en vez das ponlas do loureiro altivo
que do héroe a testa varonil coroan,
baixar á tomba silenciosa e muda...!
03/01/11
Ruínas
(Armonías da tarde)
Tradución de Ruiz de Aguilera
Xa novembre espiraba
cando cansado e so toméi asento
ó pe do endebre muro,
vella defensa e límite dun puebro.
Polas abertas fendas,
casa que ás sabandixas abre o tempo,
hoxe o lagarto mira
con fría ollada o estrago en torno feito.
Sin core a trepadora,
ortiga vil e xaramago enfermo,
cuios muchos ramallos
moven os aires ó pasar xemendo;
coroan capiteles
o destrozado pórtico do tempro,
que tende na campía
antre polvo de altares o esqueleto.
Xa no lare sagrado
lume n'encende a nai ó son dun rezo,
e da tisnada pedra
a borralliña os ventos xa barreron;
e xa dos vellos arcos
e colunas as pedras van caendo,
cal unha e outra bágoa
cai dos ollos dun triste sin achego.
¡Cómo as muchadas follas
se desprenden da ponla onde naceron,
restos daquela vida
con que a vista encantaba o souto ameno!
¡E cál amostra o río,
cásique enxoite o empedregado leito,
regueiro miserable
doutro farto raudal, limpo e sereno!
¡Cál os outeiros arden
do sol do outono ó lampo derradeiro,
mentras sombrisa a noite
vai caladiña os valles sorprendendo!
Bataladas ó lonxe
dá unha campana sospirando resos;
i a tarde que agonisa
mándalle á relixión o adiós máis tenro.
I o moucho revoando
berra tamén con chilos agoreiros,
coma morto sin tomba,
que anda soio ó redor dun simenterio.
Cando as alas sacude,
a voz desperta de dormidos ecos;
a parés que resoa
tras do que pasa pensatible, austero,
o ruxir misterioso
de visiós que en tropel forman os medos;
polo chan arrastrando
pardo saial, os brancos esqueletos.
Ou ben que resucita
a pobración do seu reposo eterno,
rendido pelegrino
que cobra, descansando, novo alento,
i a caminata emprende
ó dose amañecer dun día sereno,
que crube os seus albores
baixo un de nubes pudoroso velo.
Mais acábase o encanto
un momento despóis; así os xa restos
das ilusiós mortiñas
enchen da ialma o dolorido seo.
I ora outra ves do muro
os cantos sin parar rondan desfeitos,
i ó seu compá-las follas
das amarelas ponlas van caendo,
cal unha e outra bágoa
cai dos ollos dun triste sin achego,
ou anacos da vida
con que a vista encantaba o souto ameno.
Todo así pasa; a sombra
sigue decote á lus do craro ceo;
e, ¡ai!, a vellés caduca,
da mocedá é recordo pasaxeiro.
Ti sóio non acabas,
¡ouh esprito que ximes nun encerro!
Mais con man compasiva
a morte, ó fin, quebrantará os teus ferros.
Quedará o fráxil vaso
da túa esencia inmortal, anacos feito,
e polos aires, ela
en busca irá do seu amor eterno.
Á terra que perdeche
voarás lixeira do manchado suelo
que as túas alas tocaron
ó pousarte do mundo no deserto.
Nel, ¡ai!, triste a recordas,
como da súa os azulados ceos
o probe desterrado
na beiriá dos ríos estranxeiros.
Tradución de Ruiz de Aguilera
Xa novembre espiraba
cando cansado e so toméi asento
ó pe do endebre muro,
vella defensa e límite dun puebro.
Polas abertas fendas,
casa que ás sabandixas abre o tempo,
hoxe o lagarto mira
con fría ollada o estrago en torno feito.
Sin core a trepadora,
ortiga vil e xaramago enfermo,
cuios muchos ramallos
moven os aires ó pasar xemendo;
coroan capiteles
o destrozado pórtico do tempro,
que tende na campía
antre polvo de altares o esqueleto.
Xa no lare sagrado
lume n'encende a nai ó son dun rezo,
e da tisnada pedra
a borralliña os ventos xa barreron;
e xa dos vellos arcos
e colunas as pedras van caendo,
cal unha e outra bágoa
cai dos ollos dun triste sin achego.
¡Cómo as muchadas follas
se desprenden da ponla onde naceron,
restos daquela vida
con que a vista encantaba o souto ameno!
¡E cál amostra o río,
cásique enxoite o empedregado leito,
regueiro miserable
doutro farto raudal, limpo e sereno!
¡Cál os outeiros arden
do sol do outono ó lampo derradeiro,
mentras sombrisa a noite
vai caladiña os valles sorprendendo!
Bataladas ó lonxe
dá unha campana sospirando resos;
i a tarde que agonisa
mándalle á relixión o adiós máis tenro.
I o moucho revoando
berra tamén con chilos agoreiros,
coma morto sin tomba,
que anda soio ó redor dun simenterio.
Cando as alas sacude,
a voz desperta de dormidos ecos;
a parés que resoa
tras do que pasa pensatible, austero,
o ruxir misterioso
de visiós que en tropel forman os medos;
polo chan arrastrando
pardo saial, os brancos esqueletos.
Ou ben que resucita
a pobración do seu reposo eterno,
rendido pelegrino
que cobra, descansando, novo alento,
i a caminata emprende
ó dose amañecer dun día sereno,
que crube os seus albores
baixo un de nubes pudoroso velo.
Mais acábase o encanto
un momento despóis; así os xa restos
das ilusiós mortiñas
enchen da ialma o dolorido seo.
I ora outra ves do muro
os cantos sin parar rondan desfeitos,
i ó seu compá-las follas
das amarelas ponlas van caendo,
cal unha e outra bágoa
cai dos ollos dun triste sin achego,
ou anacos da vida
con que a vista encantaba o souto ameno.
Todo así pasa; a sombra
sigue decote á lus do craro ceo;
e, ¡ai!, a vellés caduca,
da mocedá é recordo pasaxeiro.
Ti sóio non acabas,
¡ouh esprito que ximes nun encerro!
Mais con man compasiva
a morte, ó fin, quebrantará os teus ferros.
Quedará o fráxil vaso
da túa esencia inmortal, anacos feito,
e polos aires, ela
en busca irá do seu amor eterno.
Á terra que perdeche
voarás lixeira do manchado suelo
que as túas alas tocaron
ó pousarte do mundo no deserto.
Nel, ¡ai!, triste a recordas,
como da súa os azulados ceos
o probe desterrado
na beiriá dos ríos estranxeiros.
Subscrever:
Mensagens (Atom)