15/07/10

Hoxe ou mañán, ¿quén pode decir cándo?

Hoxe ou mañán, ¿quén pode decir cándo?
pero quisáis moi logo,
viránme a despertar, i en vez dun vivo,
atoparán un morto.

Ó redor de min levantaránse
xemidos dolorosos,
aies de angustia, choros dos meus fillos,
dos meus filliños orfos.

I eu sin calor, sin movemento, fría,
muda, insensibre a todo,
así estarei cal me deixare a morte
ó helarme co seu sopro.

E para sempre ¡adiós canto eu quería!
¡Qué terrible abandono!
Antre cantos sarcasmos
hai, ha de haber e houbo,
non vin ningún que abata máis ós vivos
que o da humilde quietú dun corpo morto.

Sem comentários:

Enviar um comentário