15/07/10

Cando un é moi dichoso, moi dichoso

Cando un é moi dichoso, moi dichoso,
¡incomprensibre arcano!
cásique -n'é mentira anque a pareza-
lle a un pesa de o ser tanto.

¡Que no fondo ben fondo das entranas
que hai un deserto páramo
que non se enche con risas nin contentos,
senón con froitos do delor amargos!

Pero cando un ten penas
i é en verdá desdichado,
oco n'atopa no ferido peito,
porque a dor, ¡enche tanto!

Tan abonda é a desgracia nos seus dones,
que os verte, ¡Dios llo pague!, ós regazados.
Hastra que o que os recibe,
¡ai!, reventa de farto.

1 comentário: