03/08/10

¡Adiós!

   Adiós, montes e prados, igrexas e campanas,
adiós, Sar e Sarela cubertos de enramada;
adiós, Vidán alegre, moíños e hondanadas;
Conxo, o do craustro triste i as soedades prácidas;
San Lourenzo, o escondido, cal un niño antre as ramas;
Balvís, para min sempre o das fondas lembranzas;
Santo Domingo, en donde canto eu quixen descansa
-vidas da miña vida, anacos das entrañas-;
e vós tamén, sombrisas paredes solitarias
que me vicheis chorare soia e desventurada;
adiós, sombras queridas; adiós, sombras odiadas;
outra vez os vaivéns da fertuna
pra lonxe me arrastran.

   Cando volver, se volvo, todo estará onde estaba;
os mesmos montes negros i as mesmas alboradas,
do Sar e do Sarela mirándose nas auguas:
os mesmos verdes campos, as mesmas torres pardas
da catredal severa ollando as lontananzas.
Mais os que agora deixo tal como a fonte mansa
ou no verdor da vida, sin tempestás nin bágoas,
¡cánto, cando eu tornare, vítimas da mudanza,
terán de presa andado na senda da desgracia!
I eu..., mais eu ¡nada temo no mundo,
que a morte me tarda!

Sem comentários:

Enviar um comentário