19/12/10

Sin terra

"¡Calade, ouh ventos nouturnos;
calá, fonte da Serena,
que alá por cabo das Trompas
quero oír quén chega!"

Calaron os ventos todos,
xurróu a fonte máis queda,
e vin que iban a enterrar
o corazón dela.

Vina despóis inda viva
por campos e por devesas;
mais iña para unha tomba
pedindo terra.

Non a atopóu, e por eso
amostra ás vistas alleas
inda aquel corazón morto
a súa cangrena.

Sem comentários:

Enviar um comentário