-¡Como venden a carne no mercado,
vendéute o xurafás!
-¡Pero qué importa ó fin que me vendese,
si eu n'o podo olvidar!
-Matóute a penas, sin piedá, e deixóute,
deixóute o desleal.
-Pois olvidada morreréi e triste,
que olvidalo... ¡non xa!
-Cal se pisan as herbas, el pisóute...
¡Ódiate! ¿E n'o odiarás?
-Anque me odie, e me pise, e me maldiza,
heillo de perdoar.
-¡Mal haia a túa constancia, probe tola,
i a túa lealtad!
Mais anque ti o perdones, Dios, que é xusto,
n'o pode perdoar.
Un incrédulo, aparte,
sorrindo cun sorrir de Satanás.
-Fiádevos en Dios e non corrades.
¡Dios!, ¿quén sabe se o hai?
Unha vella que pasa. -Aquel que as fixo,
eu sei que tarde ou cedo as pagará.
Outro. - Ás escuras vamos,
sen que sepa ninguén pra dónde vai.
Pero cobre na man o que poidere;
máis val ter en seguro que esperar.
Un bon. - Hai tantos homes
como intenciós e pensamentos hai.
Pero dichoso aquel que inda morrendo
ó que o matóu lle pode perdoar.
Sem comentários:
Enviar um comentário